| Xoves 15 de maio. 2025
| De 10:30 a 13:00 h
| Parque Alba de Torneiros » ver mapa
| Actividade concertada cos centros educativos do Porriño

Organizan: os departamentos de Biblioteca dos centros educativos do Porriño
Colaboran: Concellería de Educación, Servizo de Normalización lingüística e OMIX do Porriño
O Concello do Porriño, a través da Concellería de Educación, Normalización Lingüística e a OMIX, colabora cos departamentos de Biblioteca dos centros educativos do Porriño na organización da IV Xuntanza Literaria no parque Alba de Torneiros, que terá lugar o próximo 15 de maio, de 10:30 a 13:00 horas.
Tras o éxito do ano pasado, a celebración desta IV XUNTANZA LITERARIA cun total de 400 participantes (alumnado, mestres, usuarios dos centros de día) dará lugar a unha xornada de convivencia e fomento e animación á lectura, favorecendo novamente a inclusión, coa participación dos centros educativos do Porriño, ACEESCA, o Centro de Día de Torneiros e a Asociación AFAGA.
Fomentarase o gusto pola lectura en lingua galega, a través da lectura individual e colectiva de varios fragmentos de obras galegas por parte dos grupos participantes.
Entre os principais obxectivos, perséguese:
- Promover o uso da lingua galega e da lectura en galego entre a infancia, a mocidade e a terceira idade.
- Motivar a participación activa da mocidade en proxectos creativos que fagan uso da lingua galega.
- Favorecer a inclusión das persoas con diversidade funcional e das da terceira idade en actividades nas que participe a infancia e a mocidade.
- Promover a transmisión cultural interxeracional.
Estas expresións literarias, vense reforzadas, tamén, coa música (outra forma de expresión literaria) que serve para expresar determinados sentimentos e emocións dunha forma máis lúdica e divertida.
Farase dun xeito lúdico e utilizando a contorna natural que nos ofrece a Parroquia de Torneiros.
Os centros participantes nesta IV Xuntanza Literaria son o CPR Santo Tomás, IES Pino Manso, Aceesca, CEIPP Fernández López, CPR Hermanos Quiroga, CEIPP Antonio Palacios, IES Ribeira do Louro, CEIP da Cruz-Budiño, CEIPP de Atios, o Centro de Día de Torneiros, a Asociación Afaga e o CEIPP da Ribeira.
Programa
- Ás 10:30 h: chegada ao parque Alba
- De 10:30 a 11:30 h:
- Lectura individual
- Lectura compartida
- Recomendacións lectoras
- Merenda
- De 12:30 a 13:00 h: actuación de Javier Becerra e Carolina Rubirosa
- Ás 13:00 h: clausura
Con esta IV Xuntanza Literaria, o Concello do Porriño reafirma o seu compromiso co fomento da lingua galega e coa integración social a través da cultura. “A comunidade educativa está convidada á participación nesta actividade, nun día no que a palabra, a literatura e a música se converterán no fío condutor da convivencia e o respecto pola nosa identidade cultural”, sinala Carolina González Costas, concelleira de Educación e Normalización Lingüística do Concello do Porriño.




