| Martes 16 de novembro
| Sede do Parlamento de Galicia (Santiago de Compostela)
OMIX do Porriño, Concellería de Educación e Consello da Infancia e a Adolescencia do Porriño
Representantes do Consello Municipal da Infancia e Adolescencia do Porriño participarán o martes, día 16 de novembro, no Foro de Participación Infantil e Adolescencia no Parlamento de Galicia.
Carla e Nico serán os encargados de asistir a este encontro que se celebra anualmente para conmemorar o Día Internacional dos Dereitos da Infancia.
Rapaces e rapaces de toda a Galiza que forman parte dos grupos de participación municipal, trasladarán ao goberno da Xunta de Galicia as propostas que estiveron deseñando o pasado mes de outubro no Encontro de Consellos Autonómico.
A temática deste ano é o medio ambiente, e o traballo que fixeron en conxunto todas as mozas e mozos versa sobre as posibles actuacións que debe levar a cabo o goberno autonómico para que Galiza sexa unha comunidade máis sostible.
Unha vez máis queremos agradecer a mocidade do Porriño a súa implicación e dedicación para que a voz da xente nova sexa escoitada e as persoas gobernantes poidan contar coa súa colaboración.