Liga Gallega Xunta de Galicia de Hip Hop. Urban Dance Tour 2024

ACTUALIZACIÓN: nova incorporación ao programa

| Sábado 29 de xuño. 2024
| A partir das 10:00 h, na praza Arquitecto Antonio Palacios
| A partir das 17:30 h, no Pavillón Municipal dos Deportes

Liga Gallega Xunta de Galicia de Hip Hop. Urban Dance Tour 2024

A liga Galega de Hip Hop da man da Federación Galega de Baile, arrincou o domingo 14 de abril en Narón, para continuar o 12 de maio en Mugardos, o 2 de xuño en Lugo e agora, o 29 de xuño, chega ao Porriño.

Nesta competición participarán todos os bailaríns desde a categoría baby (nacidos entre 2015 e 2020) ata a categoría premium (nados antes de 1994). Todas estas categorías estarán representadas na competición de danza urbana que estará orientada na súa expresión musical e artística a todos os estilos da cultura Hip Hop, como son o Break dance, Krump, Popping, Locking, House Dance, New Style, Waacking, Voguing, Dancehall, Afro moves ou Comercial Dance, entre outros.


Liga Gallega Xunta de Galicia de Hip Hop. Urban Dance Tour 2024



Cabecera-web-ecultura.png