| 1º xornada: venres 6 de setembro. 2024. ACTUALIZACIÓN: Día engadido
| 2º xornada: sábado 7 de setembro. 2024
| 3º xornada: domingo 8 de setembro. 2024
| Todo o día
| Rúa Leandro Diz » ver mapa
A liga Nacional do Graffiti é unha competición nacional de grafitis na que dez dos mellores artistas de grafitis de España realizan obras de arte nun percorrido por varias cidades da península.
Nauni69, Dridali, Jacobo Palos, Amek Uno, Rudiart, Konestilo, Badi Coloreando, Décima PNS, Jota e Hide2 deixarán a súa pegada no Porriño a golpe de spray. Serán xornadas emocionantes, enfocadas na creatividade e a expresión artística, nas que os participantes ademais de demostrar as súas habilidades e talento, farán disfrutar ao público que pode seguir en directo a elaboración dos murais.
O evento, enmarcado na programación das Festas do Cristo 2024, celebrarase os días 6, 7 e 8 de setembro na rúa Leandro Diz. DJ Susto, do grupo Maislume, pinchará durante toda a xornada do sábado e pola tarde, ás 19:00 h, actuará o guitarrista e cantautor Carlos el Norteño.
Ás 12:00 h do sábado impartirase tamén un obradoiro de graffiti para a cativada e mocidade. Non é preciso anotarse (hai un máximo de 25 prazas que se cubrirán por orde de chegada).
A celebración de eventos culturais como o da liga Nacional do Graffiti serven para motivar aos artistas cara a formas de expresión máis evolucionadas que as do grafiti ilegal, pois ofrecen unha posibilidade de canalizar o tránsito cara á arte urbana e o muralismo.