ACTUALIZACIÓN: Novo horario
| Venres 25 de setembro. 2026
| Ás 23:45 h A partir da 1:00 h
| Con interpretación en lingua de signos e mochilas vibratorias
| Aparcadoiro da rúa Progreso» ver mapa
| Entrada libre e de balde ata completar prazas

Xunta de Galicia, Xacobeo e Concello do Porriño
D. Valentino
Sneaky wh / Samu Pexe / Pitty / Shameless
D. Valentino, un dos artistas máis salientables e con maior proxección da escena urbana nacional, será o cabeza de cartel do Louro Valley Festival. O evento regresa cunha nova edición para reafirmar o constante crecemento e éxito desta cita, convertida xa nun imprescindible dentro do programa das Festas do Cristo.
D. Valentino non estará só sobre o escenario, xa que estará acompañado polo talento de DJs e grupos locais. A entrada será totalmente gratuíta e a cita tratará de consolidar o Louro Valley Festival como un dos principais puntos de encontro para a mocidade e os amantes da música urbana en toda a comarca.
O concerto, do mesmo xeito que o pregón das festas ou outros grandes concertos programados, contará con intérprete de linguaxe de signos nunhas festas inclusivas, nas que non se quere deixar fóra a ninguén.
HORARIOS
- Samu Pexe: 01:00 h
- D. Valentino: 01:30 h
- Sneaky WH: 02:30 h
- Pitty: 03:15 h
- Shameless: 04:00 h



