Andaina solidaria “Forza Valencia, amunt”

| Domingo 17 de novembro. 2024
| Ás 16:30 h
Saída dende a Praza Arquitecto Antonio Palacios » ver mapa
| Require inscrición (ata o domingo 17 novembro, ás 23:59 h. ou ata completar a cota de prazas dispoñible) e donativo a partir de 5 euros

Marcha solidaria “Forza Valencia, amunt”

Ten como obxectivo axudar ás persoas afectadas pola DINA


O Concello de Porriño organiza dunha marcha solidaria baixo o lema “Forza Valencia, amunt”, que terá lugar o vindeiro domingo 17 de novembro. Esta iniciativa ten como obxectivo axudar ás persoas afectadas pola DINA que asolou a rexión de Valencia. A marcha, que é apta para todas as idades, percorrerá 4 km polo centro urbano e o paseo do Louro, con saída desde a praza Arquitecto Antonio Palacios ás 16:30 h. Terá unha duración de aproximadamente unha hora.

Para participar, só é necesario inscribirse e realizar un donativo a partir de 5 euros, que se destinará a través de Som Solidaritat para axudar a quen máis o necesitan nesta difícil situación.




Marcha solidaria “Forza Valencia, amunt”


Cabecera-web-ecultura.png