Masterclass de Banda e VIII Festival de Bandas do Porriño

ACTUALIZACIÓN: EVENTO CANCELADO

Cancelado como medida de prevención ante a propagación do COVID-19.
| Masterclass de Banda: mércores 11, 18 e 25 de marzo. 2020
| De 18:00 a 20:00 h.
Escola Municipal de Música » ver mapa

| VIII Festival de Bandas do Porriño: sábado 28 de marzo. 2020
| Ás 19:00 h.

Praza Arquitecto Antonio Palacios » ver mapa

VIII Festival de Bandas do Porriño

A Escola Municipal de Música do Porriño ofrece unha Masterclass para Banda.
O traballo realizado presentarase no VIII Festival de Bandas de Música que se celebrará o sábado 28 de marzo.

Os mércores 11, 18 e 25 de marzo de 18:00 a 20:00 h. celebrarase, por primeira vez, na Escola Municipal de Música do Porriño, unha Masterclass impartida polo mestre Juan Carlos Díaz dirixida a todos os alumnos da Banda de Música da Escola Municipal de Música do Porriño. O mestre Juan Carlos Díaz Álvarez, ademáis de ter unha ampla experiencia como creador e formador de bandas xuvenís, é un director de gran calidade, experiencia e prestixio.

As masterclass serán abertas e gratuítas para os músicos da Escola. Os músicos non pertencentes á mesma que queiran asistir como oíntes han de inscribirse enviando un email a emmporrino19@gmail.com

No caso de que algún músico non pertencente á Escola queira participar como activo deberá engadir aos seus datos persoais, na inscrición, instrumento e nivel académico. Os organizadores do evento estudarán a súa solicitude e daranlle resposta.

O prazo para inscribirse na Masterclass finalizará o luns día 9 de marzo. O traballo realizado durante as masterclass presentarase no programa que tocará a Banda da Escola Municipal de Música no VIII Festival de Bandas de Música que se celebrará o sábado 28 de marzo, ás 19.30 horas na Praza do Concello Antonio Palacios.

Con esta iniciativa, a Escola Municipal de Música do Porriño pretende espertar o interese pola música en xeral e os instrumentos de banda en particular, entre os nenos e mozos do municipio.


Patrocinio Deptación de PontevedraCabecera-web-ecultura.png