| Prazo de matriculación: do 9 ao 20 de xuño. 2025

A Escola Municipal de Música do Porriño abre o prazo para formalizar a matrícula do curso 2025/2026.
Como formalizar a matrícula na Escola Municipal de Música
- Desde o 9 ao 20 de xuño, a partir das 16:00 horas, formalizaranse as matrículas, no primeiro andar da Escola Municipal de Música (Centro Cívico), na seguinte orde:
- Do 9 ao 20 de xuño para o alumnado que cursou o ano académico 24/25 na Escola.
- Do 16 ao 20 de xuño para o novo alumnado, sempre e cando queden prazas dispoñibles.
Preferentemente entrará a formalizar a matrícula unha única persoa por estudante. No caso de familias con varios membros, recomendamos que sexa unha única persoa representante a que formalice a matrícula.
- A folla de matrícula deberá recollerse nas instalacións da Escola Municipal de Música. Unha vez cuberta e acompañada do xustificante de pago, poderase entregar de calquera dos seguintes xeitos:
- De modo presencial, no Rexistro xeral do Concello do Porriño, de luns a venres, de 9:00 a 14:00 horas.
- De modo telemático, a través da sede electrónica do Concello do Porriño.
- A listaxe co nome, día e hora do alumnado matriculado estará exposta na Escola Municipal de Música, así como na porta do Centro Cultural Municipal (Biblioteca Municipal) a partir do 1 de setembro de 2025.
- A semana do 8 ao 12 de setembro escollerase o horario de instrumento. Todo o alumnado que estea matriculado no mesmo instrumento será citado á mesma hora para escoller horario, de acordo coa orde de matrícula feita no mes de xuño.
- Por exemplo: todo o alumando de frauta traveseira será citado á mesma hora, e cada un/unha escolle horario por orde de matriculación. Rogamos a máxima puntualidade. Cada estudante ten a súa hora de matrícula e, unha vez pase a súa quenda, non poderá ser atendida/o.
- Seguindo a orde de matriculación, terán prioridade os alumnos/as matriculadas en primeiro instrumento.
- É recomendable que leven anotadas diversas opcións de horarios para axilizar o proceso da elección do horario.
- A oferta da Escola Municipal de Música do Porriño é a que se indica:
- Música e movemento, para nenos e nenas desde os 4 anos.
- Linguaxe musical para nenas/os, mozas/os e persoas adultas.
As especialidades son: violín, viola, violonchelo, percusión, guitarra, piano, canto, gaita, clarinete, frauta traveseira, saxofón, óboe, fagot, trompa, trompeta, bombardino, trombón, tuba e percusión tradicional.
- A Escola conta coas seguintes agrupacións:
- Banda de música
- Mini banda do Porriño (Banda infantil)
- Orquestra de corda
- Grupo de música tradicional
- Conxunto de guitarras
- Coral infantil
- Coral polifónica (adultos/as)
A Escola Municipal de Música do Porriño retomará as clases do curso 25/26 o día 15 de setembro, no edificio do Centro Cívico, sito na avenida Domingo Bueno, 13.
