| Sábado 29 de maio. 2021
| Ás 20:30 h.
| Centro Recreativo Cultural Mosteiro de Budiño » ver mapa
Incluído no programa “A Cultura viaxa ás parroquias”.
A Maga Leo Leiño é unha maga profesional con moita experiencia no sector. Desde pequena apaixonada coa maxia, posúe un control excepcional para manexar aos nenos desde o primeiro momento no cal se fai a súa amiga. Ademais ten experiencia como conta contos, meiga, malabarista e mesmo nalgunhas das súas actuacións toca a guitarra xa que pertenceu a un coro. O humor desta gran meiga e positivismo fan que nos seus espectáculos todos os nenos non paren de rirse!