| Días 13, 18, 20, 21, 24, 25, 27 e 31 de maio. 2021
| Horario lectivo
| Centros de educación secundaria do Concello do Porriño
| Actividade concertada
| Concellería de Educación | OMIX do Porriño
A OMIX xunto coa Concellería de Educación do Concello do Porriño, levarán a cabo os días 13, 18, 20, 21, 24, 25, 27 e 31 de maio, a actividade Mentoring para adolescentes: obradoiro sobre novas profesións “Pensando no meu Futuro”, polos centros de educación secundaria do Porriño.
Como podemos tomar boas decisións sobre o noso futuro? Que opcións temos? Como podemos saber que é axeitado para nos?. Os adolescentes enfróntanse a moitas preguntas e vense na obriga de tomar decisión sobre os seus estudios case sen reflexionar ou investigar as mellores opcións para eles. Este obradoiro aborda o proceso de autocoñecemento e as novas profesións nun formato de duas horas. Neste tempo proporcionarase aos estudiantes unha visión de conxunto sobre as novas profesións que existen grazas á tecnoloxía, cales poden desenrolar en Galicia e como coinciden eses perfís profesionais coas súas habilidades e intereses naturais.
Índice de contidos
- Novas profesións relacionadas coa tecnoloxía: intelixencia artificial, automatización e robótica, etc.
- Sectores productivos en Galicia e estudios relacionados
- Moocs e formación online gratuita
- Detección de fortalezas e definición de obxectivos
Centros participantes:
Centros Participantes: IES Pino Manso, IES Ribeira do Louro, CPR Santo Tomas e CPR Hermanos Quiroga.
Estes obradoiros (teórico-prácticos de 2 horas) serán impartidos para un total de 177 alumnos/as de 3º e 4º da ESO.