ACTUALIZACIÓN: Día engadido
| 1º Xornada: venres 6 de setembro. 2024
| 2º xornada: sábado 7 de setembro. 2024
| 3º xornada: domingo 8 de setembro (día engadido). 2024
| De 10:00 a 21:00 h o venres e o sábado. De 11:00 a 20:00 h o domingo
| Rúa peonil
Organizan: ACIPOR e Morea
Colaboran: Xunta de Galicia e Concello do Porriño
O Porriño acolle a XXX edición da feira de oportunidades “Merca na rúa”, que terá lugar no centro urbano da vila, na zona peonil da rúa Ramón González. O evento, organizado pola Asociación de Comerciantes e Industriais do Porriño (Acipor) en colaboración co Concello do Porriño, terá lugar o venres 6, o sábado 7 e o domingo 8 (día engadido) de setembro en horario ininterrumpido de 10 a 21 horas.
Nesta edición haberá un total de 23 postos con diferentes productos e sectores e grandes descontos: moda e calzado para toda a familia, complementos, mercería, corsetería, moda para o fogar, teas, productos de limpeza, productos de visión, productos de almacenamiento de alimentos, deporte e churros.
Como xa é habitual, na praza do Arquitecto Antonio Palacios instalaranse inchables para que os/as pequenos/as da casa disfruten tamén da Feira de Oportunidades do Porriño. Os inchables estarán dispoñibles de 11:00 a 14:00 o venres e de 16:00 a 19:00 o venres e o sábado. O sábado pola mañá de 11:30 a 13:30 haberá obradoiros infantís impartidos por SuperSugar e Hypatia.
Coincidindo coa programación das Festas do Cristo, o venres ás 20 horas terá lugar o espectáculo de narración oral e música Trailalareira, con Vero Rilo e Santi Cribeiro. O sábado, Kedirán amenizará a rúa cunha sesión vermú a partir das 12.30. E xa cara ás 20 h, DoRoxo Presbiçian quentará o ambente da praza.