Mercadillo do Revolto

NOVA INCORPORACIÓN AO PROGRAMA

| Martes 4 de xaneiro, de 10:00 a 20:00 h
| Mércores 5 de xaneiro, de 10:00 a 17:00 h
| Rúa peonil Ramón González

Mercadillo do Revolto

Trece postos de artesáns instalaranse o martes 4 de xaneiro na rúa peonil Ramón González onde terá lugar o “Mercadillo do Revolto” que é como se chama este evento. Trátase dunha feira de artesanía, antigüidades e coleccionismo que se celebrará o martes 4 e o mércores 5.

Esta entidade comezou en 2015, cando un grupo de artesáns puxéronse de acordo para ofertar as súas creación a través de mercadillos que celebran en diferentes concellos galegos. Entre os produtos manufacturados que ofrecen hai artesanía do coiro, madeira, cristal ou barro; bixutería; complementos de moda como bolsos, carteiras, máscaras feitas a man, entre outros, e finalmente, xoguetes artesanais.

Os postos de venda montaranse este martes, a partir das 7:00 horas e a apertura ao público será as 10:00 e funcionará ininterrompidamente ata as 20:00. O mércores, abrirá ás 10:00 e rematará ás 17:00, para a súa desmontaxe.


Cabecera-web-ecultura.png