| Venres 7 de outubro. 2022
| Ás 14:30 h
| Restaurante Manolo » ver mapa
| Require inscrición previa
Concellería de Educación, OMIX do Concello do Porriño e IES Ribeira do Louro
Esta actividade está centrada na xestión de residuos industriais, contaminación ambiental e aforro enerxético. Na mesa redonda compartiranse opinións e melloras e falarase de futuras colaboracións entre a Industria e o Concello do Porriño. Será importante tamén tratar a posible colaboración de ambos os dous en proxectos europeos. A colaboración en proxectos será tratada por Amador Ordóñez, profesor do IES Ribeira do Louro con 25 anos de experiencia na participación nestes proxectos. Nesta actividade participarán representantes do Clúster do Granito, da FEGAPE, da Asociación de Hosteleiros do Porriño, da Asociación de Comerciantes do Porriño, do Concello do Porriño e do IES Ribeira do Louro.
- Cluster do Granito: José Ángel Lorenzo.
- FEGAPE: David Sobral.
- IES Ribeira do Louro: Amador Ordoñez e Juana Ibernón.
- Concello do Porriño: Carolina González e Rafael Alonso.
Inscripción para a mesa redonda
[ Formulario de inscrición ]
ECOYOUTH
Empowering Youth for Ecological Transition
ECOYOUTH – Empowering Youth for Ecological Transition é un proxecto aprobado dentro do programa europeo Erasmus+ que se centra no fomento da sostibilidade entre a xuventude para crear unha sociedade cuns ideais acordes co futuro que se espera, nun contexto de emerxencia climática. A prioridade principal deste proxecto é a formación da xuventude en materia ambiental, e para isto establécense dous eixes fundamentais: a formación de mozas e mozos, así como a das persoas que traballan con elas/eles.