| Sábado 27 de xullo. 2024
| Ás 21:00 h
| Praza Arquitecto Antonio Palacios » ver mapa
Patrocina: Xunta de Galicia. Cultura no Camiño 2024
Non sei se conto monólogos ou monologueo contos. Gústanme as historias de soños cumpridos, de cana e coña, de paixón… Esa clase de historias fantásticas que nos poden pasar a calquera, vaia.
A realidade sempre supera á ficción. E canto mais lóxicos e razonables queiramos ser, mais perto estaremos de ser absurdos. A veces é dificil establecer o límite entre o verdadeiro e o falso cando nos contan algo que fixo un veciño, un coñecido ou algún bípedo con capacidade razonadora.
Por iso gusta, Avelino gonzález, de imaxinar que podería pasar se a alguén se lle cumprira un soño, se levaramos a realidade á súa coherencia mais extrema. Así saen historias verdadeiras e falsas, oídas e inventadas, tenras, graciosas, picantes, subversivas… depende.
É actor, é un dos seus oficios. Gústalle o teatro e o circo, de onde colleu a única norma, regla ou lei que me parece válida nesta profesión: A un actor, a un contador, todo lle está permitido, agás aburrir.
Coñecido polo seu papel televisivo de “Miñato” na serie Pai Casares da Televisión de Galicia e pola súa participación en “Seis Hermanas” para TVE1.
Contos que foron chistes
Moitos chistes cos que hoxe rimos son unha adaptación de contos vellos. De curas, ricos, políticos, … que hoxe mudaron as formas pero non os contidos nin o fondo: Rir. Nomeadamente de quen manda. É algo así como se dixeramos “se non podes desobedecer, cando menos ri del”. Ademais, os contos, os chistes, non teñen máis fronteira que o sentido do humor de cada un. Por isto hai contos que se contan moi, moi semellantes en distintos países. É como se a globalización económica chegase despois da globalización do humor. Así hai contos que coñecemos como moi galegos, que se contan hoxendía na China ou no Vietnam.