ACTUALIZACIÓN: cambio de horario e localización
| Xoves 19 de setembro. 2024
| Ás 20:00 h Ás 20:30 h
| Praza do Cristo Praza Arquitecto Antonio Palacios » ver mapa
Un show de comedia na que se abordan cuestións como a sexualidade feminina, as relacións de parella, ou as esixencias estéticas que sofren as mulleres…
Arantxa Treus é unha actriz galega e natural de Vigo. Arantxa é unha artista versátil como o mostran as súas numerosas participacións e invitacións a participar en cada vez máis proxectos de diversos xéneros. Teatro, cinema e televisión son as diferentes disciplinas que Arantxa desenvolve no seu traballo como actriz.
Ao longo da súa longa carreira profesional participou en numerosos traballos de humor e comedia por exemplo: “No es país para coños”, “Monstruación, una comedia monstruosa”… En canto reporteira participou en programas do tipo Quérote tanto da Tvg. co-presenta o programa Lo sabe todo Vigo de Localia Tv… Ademais participou como actriz en series como Gondar, Serramoura ou Fariña.