| Venres 14 de outubro. 2022
| Ás 19:00 h.
| Centro Cultural Municipal do Porriño » ver mapa
| Entrada libre e de balde ata completar prazas
Contos de contrabando
A historia de amor entre dous contrabandistas, el galego e ela portuguesa.
A súa relación de amor desenvólvese á par da súa vida profesional.
Adícanse ós dous a unha actividade comercial sen licencia fiscal, e viven as súas vidas persoais como calquera outra persoa, e tamén sen as licencias administrativas correspondentes. Isto provoca interferencias que poñen en perigo a relación.
E así saltando fronteiras e saltando trámites administrativos e aprendendo linguas e linguaxes segundo fose preciso, tentan consumar a súa relación… se o consiguen ou non sábese no final.
Avelino González
A realidade sempre supera á ficción. E canto mais lóxicos e razonables queiramos ser, mais perto estaremos de ser absurdos. A veces é dificil establecer o límite entre o verdadeiro e o falso cando nos contan algo que fixo un veciño, un coñecido ou algún bípedo con capacidade razonadora.
Por iso gusta de imaxinar que podería pasar se a alguén se lle cumprira un soño, se levaramos a realidade á súa coherencia mais extrema. Así saen historias verdadeiras e falsas, oídas e inventadas, tenras, graciosas, picantes, subversivas… depende.
É actor, é un dos seus oficios. Gústalle o teatro e o circo, de onde colleu a única norma, regla ou lei que me parece válida nesta profesión: A un actor, a un contador, todo lle está permitido, agás aburrir.
Coñecido polo seu papel televisivo de “Miñato” na serie Pai Casares da Televisión de Galicia e pola súa participación en “Seis Hermanas” para TVE1.