| Mércores 11 de setembro. 2024
| Ás 20:00 h
| Praza Arquitecto Antonio Palacios » ver mapa
(en caso de choiva, no Centro Cultural Municipal)
Un proxecto a cargo do artista Damián Alonso “Hermen&Gildo”, un monólogo sobre Diversidade e Igualdade.
Un monólogo novedoso, que ten como obxectivo visibilizar a existencia de micromachismos, que son actitudes e comportamentos machistas moi arragiados na cotianeidade do noso día a día e precisamente a normalización desas actitudes tan asentadas as que perpetúan a desigualdade, a discriminación e a violencia de xénero. Tamén se fai fincapé en comportamentos homófobos, tránsfobos, xenófobos, etc.
Hermen&Gildo é un home que por órden xudicial ten que facer servicios á comunidade. Dende o CIS Carmen Avendaño enviáronno ó CIM de Mos facer un curso de Diversidade e Igualdade con tolerancia e respeto. Leva dúas semanas de cursillo é tan a gusto se atopan que se lles ocorreu ir impartir a súa vivencia polos bares de Mos, para que se alguén lle ocorre o mesmo, tamén se anote no curso.
Hermen&Gildo é pai dun rapaz transexual, e cóntanos que todo é moitísimo máis doado do que pensaba…