| Xoves 24 de setembro. 2026
| Ás 20:30 h
| Praza Arquitecto Antonio Palacios » ver mapa

Actor, presentador e humorista. Tres xeitos de estar diante do público e conseguir que algo pase.
Actor, humorista e presentador galego, David Amor comezou a súa carreira en 2001 na TVG co programa O Rei da Comedia. Desde entón desenvolveu unha traxectoria diversa, combinando humor, televisión e teatro. Deuse a coñecer a nivel nacional coa súa participación en El Club del Chiste e El Club de la Comedia, o que o levou a percorrer os teatros de toda España cos seus monólogos. Tamén traballou en series como Gym Tony e Aquí Paz y Después Gloria. Presentou o seu propio late night na TVG, Con Amor e Compañía, e formou parte do programa Tu Cara Me Suena. En 2025 converteuse en participante de MasterChef Celebrity.
No teatro, triunfou coa comedia Amigos ata a norte, que se converteu na obra máis recadadora de Galicia. Nos últimos anos protagonizou Go Home, unha comedia negra con crítica social sobre o turismo masivo e a xentrificación, escrita por José Prieto e dirixida por Tito Asorey. A obra, nomeada aos Premios María Casares, percorreu teatros de toda Galicia.
Continúa tamén activo no mundo do monólogo e actualmente está de xira por toda España co seu espectáculo unipersoal de stand-up, Love está en el aire.
Love está en el aire
Love está en el aire é o espectáculo do cómico e actor David Amor. O pontevedrés coas mans máis grandes fala das súas novas inquietudes sen deixar de lado unha das súas últimas paixóns: os aeroportos.
David pensaba que non podería escribir un novo show se esta ba todo o día vendo a tele… Ou si? E deuse conta de que hai programas de televisión que necesitan ser contados.
Pero o show tamén nace da necesidade. Tras gañar o premio do público de Festival Internacional de Teatro de Villa Nueva de la Serena, o galardón consistía en volver actuar á seguinte edición cun espectáculo novo. E para iso nace Love está en el aire.
80 minutos onde percorrerás toda a grella televisiva sen tocar o mando, pero tamén descubrirás por que a xente pasa sede nun aeroporto ou por que David nunca poderá ser Rafa Nadal.

