Monólogo de Jazmín Abuín: Riquiñas

ACTUALIZACIÓN: nova localización

| Venres 20 de decembro. 2024
| Ás 20:00 h
| Praza Arquitecto Antonio Palacios Carpa da praza do Cristo » ver mapa

Monólogo de Jazmín Abuín: Riquiñas

Actriz, cantante e xornalista, nada en Vigo, muller feminista e comprometida coa xustiza social. Jazmín Abuín traballou tamén como directora musical e actriz de dobraxe, guionista, locutora e profesora de canto e técnica vocal en varias escolas de Madrid.

Galeguiña, de onde as vacas, de nai canadense, de onde os osos son simpáticos e teñen nome de princesa Disney. Ser riquiña está no seu ADN por convenio. A retranca, no seu DNI, por supervivencia. Ela o que non quere baixo ningún concepto é molestar. Bo, ou si. Depende. Porque todos levamos un hater dentro. E ela, como non, á súa, como é riquiña, se aparece, o único que pode facer é… abrazala. Non?.




Cabecera-web-ecultura.png