| Venres 13 de setembro. 2024
| Ás 20:00 h
| Praza Arquitecto Antonio Palacios » ver mapa
(en caso de choiva, no Centro Cultural Municipal)
Leticia Miraz, máis coñecida como Leti da Taberna, é taberneira de nacemento e sociosanitaria de formación. En maio de 2020 comezou a subir contidos a TikTok e actualmente acumula decenas de miles de seguidoras nas redes sociais, converténdose nunha “taberneira virtual”. Utiliza a retranca para realizar crítica social.
Leti da Taberna trae o seu primeiro monólogo no que explora en ton irónico a nosa relación coas redes sociais e como nos inflúen no noso día a día. En galego e con perspectiva feminista, Enredada enche o escenario de luz e enerxía, provocando que a espectadora se vexa identificada coas situacións que se presentan e acabe ríndose de si mesma.