Monólogo de Oswaldo Digón: Outra Movida!

| Xoves 5 de setembro. 2024
| Ás 20:30 h
Praza Arquitecto Antonio Palacios » ver mapa
(en caso de choiva, no Centro Cultural Municipal)

Monólogo de Oswaldo Digón: Outra Movida!

Oswaldo Digón é un actor, guionista, presentador e monologuista galego cun humor moi teatral. É capaz de escenificar todos os detalles nas súas historias.

Empezou a súa carreira como contacontos e máis adiante traballou como actor de teatro profesional. Foi guionista dos programas de humor ‘Tourilandia’ e ‘A Casa da Conexa’ para TVG, pero destaca máis o seu paso polos escenarios, coa realización de espectáculos como ‘Los duguis World Tour’, ‘HAIPOD’, ‘Las noches de monólogos 10’ e ‘Las noches de El Club de la Comedia’.

No 2003 gañou o concurso de comedia Fórum Comedia co espectáculo escrito e interpretado por el mesmo ‘Historias da miña Historia’ co que estivo dúas tempadas no Teatreneu de Barcelona.


Outra movida!

Trátase dunha recompilación de contos sobre a súa disparatada vida, baseado en feitos reais e aprobado pola comisión de táboas de mareas para piscinas e estanques.Todos os personaxes que saen nas historias do monólogo deste actor de teatro e monologuista “retranqueiro” teñen o nome cambiado para que os poidades identificar facilmente e, tranquilidade, durante a súa creación ningún ser vivo sufriu ningún dano físico ou moral, incluído o propio autor.



Cartel Festas do Cristo 2024


Cabecera-web-ecultura.png