| Domingo 16 de maio. 2021
| Ás 20:00 h.
| Centro Cultural Casal Chan de Budiño » ver mapa
| Sábado 29 de maio. 2021
| Ás 21:00 h.
| Asociación Veciñal e Cultural As Mimosas de Carracido » ver mapa
Incluído no programa “A Cultura viaxa ás parroquias”.
Pedro Brandariz leva media vida subido aos escenarios, ofrecendo monólogos por todo canto recuncho da xeografía galega e española hai. Mais, aínda que o asociemos coa comedia stand-up ou a tradición oral galega, detrás deste gran contador hai unha ampla formación teatral.
Brandariz procede do mundo do clown, e tamén traballou en compañías escénicas de corte máis clásico e de teatro infantil. Na actualidade forma parte das compañías Os Sete Magníficos máis Un, Dinamo Teatro, Teatro do Astracán ou Manicómicos, e deixou, ademais, a súa pegada noutras formacións: Desaqueloutradas, Dous son Compañía ou Clowntacontos contaron habitualmente tamén con Brandariz nas súas montaxes.
Espectáculo Pai Noso / Padre Nuestro
Pedro Brandariz desenvolve un monólogo cómico que versa sobre o mundo da relixión, pero da relixión máis enxebre, da relixión das parroquias, da que sufrimos día a día as galegas e os galegos. No espectáculo mostranse os aspectos máis cómicos das propias misas e dos curas, auténticos showmans.
Unha divertida parodia ao mundo do clero, da freguesía e do cristianismo. Todo isto desde un punto de vista lúdico e cómico. Pero este espectáculo non é compracente coa igrexa, senón todo o contrario, Pai Noso – Padre nuestro, é un espectáculo totalmente ateo. Pedro Brandariz é da relixión do humor, do bo rollo e do clown, e proponnos un novo modelo de “misa” máis innovadora e dinámica, desde as Sacras Escrituras ata a Comuñón final. O actor revisa en clave cómica cada un dos aspectos do ritual eclesiástico.