Monólogo de Pedro Brandariz: “Pai noso, Padre Nuestro”

| Sábado 3 de xullo. 2021
| Ás 20:00 h.
A.VV. San Salvador de Torneiros » ver mapa
Monólogo de Pedro Bradariz

Incluído no programa “A Cultura viaxa ás parroquias”.

Pedro Brandariz leva media vida subido aos escenarios, ofrecendo monólogos por todo canto recuncho da xeografía galega e española hai. Mais, aínda que o asociemos coa comedia stand-up ou a tradición oral galega, detrás deste gran contador hai unha ampla formación teatral.

Brandariz procede do mundo do clown, e tamén traballou en compañías escénicas de corte máis clásico e de teatro infantil. Na actualidade forma parte das compañías Os Sete Magníficos máis Un, Dinamo Teatro, Teatro do Astracán ou Manicómicos, e deixou, ademais, a súa pegada noutras formacións: Desaqueloutradas, Dous son Compañía ou Clowntacontos contaron habitualmente tamén con Brandariz nas súas montaxes.



A cultura viaxa ás parroquias. Xullo


Cabecera-web-ecultura.png