| Sábado 26 de setembro. 2026
| Ás 21:00 h
| Pavillón Municipal dos Deportes (pista 2) » ver mapa

Organiza: Rondalla A.C. de Pontellas
Entradas en: www.ataquilla.com
En ‘Aquí Tou!’, Touriñán fai un percorrido pola súa vida, desde a súa concepción nunha noite de San Juán ata un posible epitafio. Momentos clave do seu camiño vital cos que, como galegos, todos nos sentimos identificados. Mesturando realidade con ficción, tenrura e picardía, anécdotas propias e cultura popular galega, Touriñán lévannos da man pola súa vida cun monólogo no que conta e representa partes da súa vida e da serie de boas e malas decisións que, xunto cos feitos casuais, levárono a ser quen hoxe é.
Así, Touriñán tratará de dar resposta durante o espectáculo á nai de todas as preguntas:
“Estou neste preciso lugar e neste mesmo momento polas decisións que tomei ou foi a sorte, a casualidade e o destino os que me trouxeron ata aquí?”
Para atopar a resposta fará un repaso da vida dos seus antepasados e da súa propia, animando ao público para facer o mesmo e así, entre todos, intentar despexar a incógnita:
“Si, aquí tou, pero… por que?”

