Monólogo: Pepo Suevos

| Luns 25 de setembro. 2023
| Ás 20:30 h
| Praza Arquitecto Antonio Palacios » ver mapa

Monólogo: Pepo Suevos


Este personaxe que se pagou os estudos de económicas traballando de porteiro de discoteca, descobre casualmente alá polo ano 2000 que o seu é a comunicación. Empeza nun taller de narración oral co arxentino José Campanari, e a partir de aí precipítanse os acontecementos. As súas características físicas (un animal con roupa de 130 quilos) permítenlle debutar como actor na Televisión de Galicia, e a popularidade que isto lle reporta, dálle pé para iniciar unha carreira como cómico que acaba sendo a base da súa actividade artística.

Así, Pepo Suevos é un dos humoristas máis rodados no mundo dos monólogos e o humor en directo en Galicia, con máis de mil oitocentas actuacións en bares, auditorios, galas, etc. Ademais da súa faceta de monologuista (a máis explotada, sen dúbida), Pepo exerce de animador, actor de dobraxe, deportista e mesmo locutor de radio.

E xa se nos metemos no mundo do audiovisual, Pepo Suevos ten unha gran experiencia como actor para cinema e televisión: participou tanto en series galegas como “Caseiros” (produción estreada en 2014 na que Pepo é protagonista), “Mareas vivas”, “Terra de Miranda”, “Matalobos” ou “Pazo de familia” (TVG) e estatais (“Piratas”, ou “Aquí paz y después Gloria”, de Telecinco; ou “Fariña”, de Antena 3), como en programas de éxito, “Tourilandia” ou “Land Róber” (aquí tamén traballou como guionista, outro dos seus “oficios”), e longametraxes para o cinema, como “Secuestrados”, “Entre bateas” ou “Heroína”, “A esmorga”, “La playa de los ahogados” ou “As bestas”, de Rodrigo Sorogoyen.


Monólogo: Pepo Suevos


Cabecera-web-ecultura.png