| Domingo 20 de xuño. 2021
| Ás 20:00 h.
| Centro Recreativo Cultural Mosteiro de Budiño » ver mapa
| Sábado 26 de xuño. 2021
| Ás 20:30 h.
| Asociación Cultural de Chenlo » ver mapa
Incluído no programa “A Cultura viaxa ás parroquias”.
Pedro Brandariz leva media vida subido aos escenarios, ofrecendo monólogos por todo canto recuncho da xeografía galega e española hai. Mais, aínda que o asociemos coa comedia stand-up ou a tradición oral galega, detrás deste gran contador hai unha ampla formación teatral.
Brandariz procede do mundo do clown, e tamén traballou en compañías escénicas de corte máis clásico e de teatro infantil. Na actualidade forma parte das compañías Os Sete Magníficos máis Un, Dinamo Teatro, Teatro do Astracán ou Manicómicos, e deixou, ademais, a súa pegada noutras formacións: Desaqueloutradas, Dous son Compañía ou Clowntacontos contaron habitualmente tamén con Brandariz nas súas montaxes.