Montando Cristo Festival 2022

| Sábado 24 de setembro. 2022
| Ás 21:00 h
Praza de San Sebastián » ver mapa

Montando Cristo Festival 2022


Montando Cristo Festival nace en 2014 co propósito de non perder a musica en directo en Porriño, con bandas de diversos estilos este ano chega á súa oitava edición … Moita caña, moito ROCK e como sempre … EN DIRECTO!!

Zälomon Grass + Inmates + Zona Zero + The Broke



Zälomon Grass

Zälomon Grass

Zalomon Grass e o seu blues cósmico e desbordante chegaron para sacarnos da apatía e o entumecimiento destes tempos tan estraños. Cando outras bandas desisten ou se abandonan á auto compaixón, Zalomon Grass optan por autoproducir unha gravación en directo nos estudos Radar de Vigo repleta de suor e electricidade.

Catro temas orixinais nos que baixo, batería, guitarra e voces lévannos polos carreiros do hard blues máis setenteiro.

A épica de Led Zeppelin está aí, como tamén o retumbar paranoide e lisérgico dos tambores de Black Sabbath ou os aullidos exóticos da guitarra de Hendrix. David Rodd (baixo e voces), Mauro Comesaña (batería e voces) e Gabriel McKenzie (guitarra e voz); tres músicos coa cabeza envolta en nubes de fume multicolor pero cunha idea ben clara: achegar sangue novo a un legado imperecedoiro.




Inmates

Inmates

Son tres, veñen de Santiago e tocan a modo. A formación actual data de 2015 e editan a súa primeira referencia a finais de 2017. O seu é o volcánico, a escala Richter e a grandes tonelaxes. Inspíranse na música de bandas como Sleep, Conan, Ufomammut ou os Melvins para desenvolver un doom metal en temas de formato longo cos que pretenden desatar pequenos eventos sísmicos.

No MontandoCristo Festival estarán a presentar os cortes que conformarán o seu próximo disco, The Wave, actualmente en pleno proceso de produción.



Zona Zero

Zona Zero

Zonazero nace en Vigo no ano 2000, no 2002 deron o seu primeiro concerto no Hangar 77 Vigo, A partir de aí comezarons a súa viaxe a través de toda Galiza, compartindo escenario con bandas como Barón Rojo, Los Suaves, etc… en 2007 reciben o premio de mellor directo no Maketon Estrella Galicia.

Naquel momento sufriron unha pausa de cinco anos por un accidente moi grave que tivo o seu exvocalista Cesar, que estivo a piques de morrer debido a un accidente de moto e nese momento, no ano 2015, compuxeron o álbum “La Ira de los Mansos“, publicado por Maldito Records no ano 2016, producido por Zoilo Unreal e José Barros.

A principios de 2020 Cesar decide deixar a banda e conseguen a sinatura de David Rollano, exvocalista da banda El Cubo, de Porriño. Durante a pandemia e o confinamento, foron ensaiando e preparando o que será o seu próximo disco a partir do cal xa lanzaron o primeiro single, “Que se pare el Mundo”.




The Broke

The Broke

The Broke é un grupo de Rock, creado a mediados do 2016, con unha forte presenza vocal e de riffs de guitarra acompañados dunha base rítmica sólida, nun estilo auto definido como “Broke´n´Roll”: rock clásico que sona moi actual.

Gañadores do Concurso Castelo Rock 2019, e con un EP “Monster” editado no 2020, o grupo aglutina unha amplia experiencia en salas e festivais, e prepara novo material para afianzar o proxecto.



Montando Cristo Festival 2022



Cabecera-web-ecultura.png