| Sábado 23 de setembro. 2023
| Ás 22:00 h
| Praza de San Sebastián » ver mapa
Montando Cristo Festival nace en 2014 co propósito de non perder a musica en directo en Porriño, con bandas de diversos estilos este ano chega á súa novena edición … Moita caña, moito ROCK e como sempre … EN DIRECTO!!
CASTRO Y LOS ESCOLTAS / BUXA / HARD TRIP / THE BROKE
Castro y Los Escoltas
Castro y Los Escoltas, o proxecto persoal do guitarrista Miguel Castro.
Nace no sur de Pontevedra durante o confinamento, coa idea de facer rock nun sentido amplo.
Abarca estilos dende rock clásico ata soul ou sons máis densos. Os seus integrantes son veteranos no panorama galego. Foron ou forman parte de proxectos como The pretty shirts, GoldécColt ou Pegas Negras.
A voz principal e guitarra: Miguel Castro
Baixo e coros: Álvaro Vázquez
Batería: Alexandre Boamorte
Veñen de gravar 6 cancións en xaneiro de 2022 coas que dan inicio a esta nova banda.
Buxa
Buxa é unha banda de stoner rock instrumental que ven a romper o escenario.
A banda teñe residencia no Grove (Galicia).
Buxa son Marcos Pou (Batería), Paco Míguez (Baixo), Alex R. Moreira (Guitarra) e Rodrigo Trigo (Guitarra), e están comezando o seu percorrido polos escenarios tras anos de composicións e ensaios.
A banda xurdiu en 2018/19, basicamente pola necesidade vital de facer música e divertírense tocando. As súas maiores influencias ou referencias veñen da década dos 90, dos sons característicos de eses anos, de diversos estilos como poden ser progresivo, grunge, stoner, metal ou incluso pop, entre outros. O de facer música instrumental con carácter progresivo, onde a dinámica xoga un papel imprescindibel, foi acontecendo de xeito natural a medida que ían empastando instrumentos na procura do seu propio son.
O seu principal obxectivo dende os comenzos foi acadar ese son propio que os identifique, tendo en conta todas as súas referencias musicais dende unha perspectiva actual, e aplicalo en temas que van avanzando por distintas partes con diferentes texturas sonoras.
O protagonismo recae na mestura de sons pesados con melodías afiadas que fan de fío condutor ó longo das composicións, coa intención de manter a atención do oínte, como si tratasen de contar unha historia a base de xogar cos sons, cos ritmos e coas dinámicas.
Teñen cinco singles, con sete temas autoeditados, publicados nas plataformas de música online. En 2022 publicaron “Mestre”, realizado en colaboración coa productora SIRADELLAfilms. Foi presentado o sábado 29 de outubro de 2022 no auditorio municipal do Grove, nun acto colectivo de homenaxe realizado para conmemorar o centenario (101 aniversario por retrasos pandémicos) do falecemento do escritor Luís Antonio Mestre. En xuño de 2023 publicaron o videoclip do tema “Si, quero”, no que continúan coa defensa do seu, tratando desta volta o tema do medio ambiente. https://youtu.be/44kyD6BSCc8
Hard Trip
Hard Trip naceu en Vigo durante o ano 2019, a pesar da pandemia e do estado da industria e a escena, os seus 4 integrantes descubriron na música a súa vocación. É por iso que decidiron dedicar todas as súas vidas e carreiras 100% á música. O seu primeiro EP “ You have to” sae no ano 2020 e o seu primeiro disco verá a luz en setembro deste ano , gravado nos estudos “Guitar Town” en Cantabria. Baixo a produción e masterización de Hendrik Röver, vocalistay guitarrista dos Deltonos.
A súa música defínena coma unha mestura ecléctica de estilos roqueiros. Actuacións con desempeño instrumental e con grooves complexos.
Durante este tempo fixeron varias xiras por Galicia, Reino Unido e Portugal. A xira de final deste ano e do 2024 terá como obxectivo a presentación do seu novo disco por España, Portugal e de novo voltarán ao Reino Unido.
The Broke
The Broke é un proxecto de Rock que comeza a rodar no 2016, con un estilo auto definido como “Broke n Roll”, basado nunha forte presenza vocal e de riffs de guitarra acompañados dunha base rítmica sólida, resultando un rock clásico que soa moi actual.
Gañadores do Concurso Castelo Rock 2019, e con un EP “Monster” editado no 2020, o grupo aglutina unha amplia experiencia en salas e festivais, e prepara novo material para afianzar o proxecto e facernos vibrar.