| Sábado 28 de setembro. 2023
| Ás 20:00 h
| Praza de San Sebastián » ver mapa
Montando Cristo Festival nace en 2014 co propósito de non perder a música en directo no Porriño, con bandas de diversos estilos. Este ano o festival celebra ao seu X aniversario, cunha selección de catro bandas amigas que xa fixeron vibrar o escenario en edicións pasadas. Moita caña, moito rock e como sempre … en directo!
STONED AT POMPEII / ZÅLOMON GRASS / NO ONE ALIVE / SEPTIEMBRE NEGRO
Stoned at Pompedii
Stoned At Pompeii, de Vigo, está formada por músicos con ampla experiencia en escenarios de toda Europa. Colaboraron con artistas como Luis Tosar & Di Elas, Broken Peach e Aphonnic, entre outros.
Discografía:
- Álbum debut: “ANCROIDAL” (2017), galardoado como Mellor Disco por Maketón Los 40 Principales e Mellor LP Galego.
- EP en directo: “Live Streaming & Acoustic” (2021).
- Novo LP: “BLISSPHONY” (2024).
Logros:
- Xira ‘ANCROIDAL Tour’ por España e varias cidades europeas.
- Actuacións en festivais importantes como Rock in Rio Tea e Resurrection Fest.
Zålomon Grass
Formado por Gabriel McKenzie, David Rodd e Mauro Comesaña, este trío busca sacarnos da monotonía diaria cun son inspirado no Rock setentero, mesturado con metáforas e historias de liberación no seu propio universo espacial.
Discografía:
- EP debut: “The Four Track”.
- Mediometraje audiovisual: “Three Hundred Years”.
- Primeiro LP: “Space Opera”, gravado nos estudios Guitar Town de Hendrik Rover.
Logo de percorrer a península e actuar no festival de Jazz de Montreux (Suíza), a banda está traballando no seu próximo disco.
No One Alive
Creada en 2016, “No One Alive” consolidou a súa formación en 2018, reunindo a talentosos músicos da escena local tras a disolución das súas anteriores bandas. A mestura de influencias e estilos dos seus membros dá lugar a un son fresco e sen ataduras que non deixa a ninguén indiferente.
Formación actual:
- Valentín Fernández: Voz principal
- Gonzalo Campanella: Guitarra solista
- Alex Otero: Guitarra rítmica
- Jonathan Riveiro: Batería
- Javier Franco: Baixo
Discografía:
- En febreiro de 2019 lanzaron o seu primeiro EP, “The Grim Reaper”, gravado en “Estudios Mafia”. Este disco conceptual, acompañado por un cómic ilustrado, transpórtate ao Western máis escuro e sanguento.
- En marzo de 2023, tras a pandemia, estreadon o seu primeiro LP, “Don’t leave your child alone”, gravado en “Unreal Studios” , un album q explora varios estilos do metal…unha banda das que non pasan desapercibidas.
Septiembre Negro
QUE DICIR DA BANDA MAIS MACARRA DA VILA…
Septiembre Negro, banda heavie metal formada na Louriña a finales dos 80, no seu local de ensaio as birras abrense con hachas…. A formación actual coa que levan mais de 25 anos son Roky: guitarra voz; Pato: bateria; Toñin: baixo; e Pedro: guitarra solista. 4 maquinas de dar zapatilla, ninguén lles tuse os Septiembre Negro .