| Organiza: Concellaría de Igualdade, con motivo do Día Internacional da Eliminación da Violencia Contra a Muller
| Xoves 29 de novembro. 2018
| Ás 19:30 h. Ás 20:30 h.
| Círculo Recreativo e Cultural » ver mapa
| Entrada libre e de balde ata completar aforo
Título orixinal: Con el viento
Ano: 2018
Duración: 100 min.
País: España
Directora: Meritxell Colell
Guion: Meritxell Colell
Deseño de son: Verònica Font, Gaspar Scheuer, Christophe Vingtrinier
Fotografía: Aurélien Py, Julián Elizalde
Reparto: Mónica García, Concha Canal, Ana Fernández, Elena Martin, Xavier Martín, Paquita Pérez, Rakhal Herrero, Florencio Ortega, José Mari Martín, Jose Mari Crespo
Produtora: Coproducción España-Francia-Argentina; Polar Star Films / Paraïso Productions / Habitación 1520 Producciones / Hellish Producciones
Xénero: Drama
Sinopse:
Con el viento conta a historia de Mónica e a súa reconciliación cunha vida que deixou atrás. Mónica, unha bailarina de 47 anos, recibe unha chamada desde España: o seu pai está moi enfermo. Tras 20 anos, debe volver ao remoto pobo de Burgos no que naceu. Cando chega, o seu pai morreu. A súa nai, con quen apenas falou durante todos estes anos, pídelle que lle axude a vender a casa familiar. Chega o inverno. O perpetuo silencio, o extremo frío e enfrontarse á familia serán probas duras para Mónica, que se refuxiará no que mellor coñece: a danza.
A película aúna danza, documental e cinema de autor para construír un singular relato sobre lazos familiares e as relacións nun universo feminino. Co vento está protagonizada por Mónica García, coreógrafa e bailarina de danza contemporánea, xunto a Concha Canal, que debuta como actriz aos seus 88 anos. Completan a repartición a gañadora dun Goya Ana Fernández (Solas, Historia de un beso, You’re the one) e Elena Martín (Júlia Ist, Les amigues de l’Àgata).
OUTROS EVENTOS CON MOTIVO DO
Día Internacional da Eliminación da Violencia Contra as Mulleres
Concerto musical: Mercedes Peón [ + info ]
Organiza: Concellaría de Igualdade
Sábado 24 de novembro • Ás 22:00 h. • Pavillón Municipal dos Deportes
Entrada libre e de balde ata completar aforo
Día Internacional da Eliminación da Violencia Contra as Mulleres [ + info ]
Organiza: Concellaría de Igualdade
Domingo 25 de novembro • Praza Arquitecto Antonio Palacios
Mulleres de cinema: “Tódalas mulleres que coñezo”
[ + info ]
Organiza: Concellaría de Igualdade
Mércores 28 de novembro • Ás 19:30 h. • Círculo Recreativo e Cultural
Entrada libre e de balde ata completar aforo
Mulleres de cinema: “Viaje al cuarto de una madre”
[ + info ]
Organiza: Concellaría de Igualdade
Venres 30 de novembro • Ás 19:30 h. • Círculo Recreativo e Cultural
Entrada libre e de balde ata completar aforo