Narración oral por Vero Rilo: “E a ti… que che contaban?”. Conmemoración do Día Internacional da Narración Oral

| Sábado 20 de marzo. 2021
| Ás 18:00 h.
Auditorio exterior do Centro Cultural Municipal » ver mapa

Narración oral por Vero Rilo: "E a ti... que che contaban?". Conmemoración do Día Internacional da Narración Oral

No Día Internacional da Narración Oral conmemórase a arte de narrar de
viva voz, manifestación artística tamén denominada contacontos. Celébrase
cada 20 de marzo, coincidindo co equinoccio de primavera.

A festividade tivo a súa orixe en Suecia xa vai para trinta anos e, aos poucos, fóronse engadindo outros países.

No 2021 os narradores e narradoras galegas queremos sumarnos a esta
celebración mundial contando na nosa fala.

Para conmemorarmos o día pedimos a Fina Casalderrey que redactase un
Manifesto.

Alén diso todos os narradores ímonos espallar por toda a xeografía galaica
conscientes de que, nestes tempos de illamento, as historias axudan a
identificarse e a reconciliarnos coa condición humana, e mesmo acompañan a quen se sente só, desvalido ou, simplemente, a quen precisa rir e celebrar.


E a ti… que che contaban?.
Unha sesión de narración oral para o público familiar por Vero Rila

Vero Rilo

Un espectáculo de narración oral para público familiar da man da mestra e contadora Vero Rilo (Daboapipa, Rilo&Penadique, Apatacón, Pallasos en Rebeldía), onde achega unha selección decontos de autor/a, tradicionais e derecollida xunto con xogos cotiás que xanon o son tanto. Un achegamento á memoria tradicional e familiar compartida.

“Periquiño que por aquí no é
Por aquí tampouco
Entón… por onde?!
Por aquí, por aquí, por aquí…”

E é que Periquiño sempre andaba á procura de novos tesouros, buscando poraquí, por acolá…
E era de cando en vez que algún atopaba…


Narración oral por Vero Rilo: "E a ti... que che contaban?"

Conmemoración do Día Internacional da Narración Oral


Cabecera-web-ecultura.png