Narración oral por Vero Rilo: “Elas”

CANCELADA POR PROBLEMAS DE SAÚDE
| Sábado 12 de xuño. 2021
| Ás 20:00 h.
A.VV. San Salvador de Torneiros » ver mapa
| Domingo 13 de xuño. 2021
| Ás 18:30 h.
Centro Cultural A Forna de Budiño » ver mapa

Narración oral por Vero Rilo: "Elas"

Incluído no programa “A Cultura viaxa ás parroquias”.

Vero Rilo combina durante varios anos o traballo como educadora e narradora. Comeza a formarse con importantes referentes da narración oral galega e internacional, cursa dous anos de formación actoral con Carlos Neira no centro EspazoAberto e tamén formación regular en improvisación teatral e de técnica vocal de xeito que vai aprendendo a contar e no 2013 comeza a aventura de contar profesionalmente. Emprende da man do seu amigo e acordeonista Santi Prieto, o seu proxecto conxunto de narración e música para público familiar e crea a compañía Daboapipa dándose a coñecer na escena galega con “Contos de Animalario”; pouco despois para público adulto con “Historias de vida, guerra, amor e case morte”. En 2015 toma o relevo musical Carlos Quintá para dar continuidade con “Lavandeiras”.

O rodar da vida e o interese pola primeira infancia fai que en 2017 forme a compañía Rilo&Penadique coa mestra, cantante e acordeonista Sonsoles Penadique para afondar no universo da narración con “O pozo das Señoras” e na música para bebés da que nace o espectáculo- obradoiro “Arre ru”. E veñen de cubrir a franxa de idade familiar que lles quedaba coa estrea de “A formiga no carreiro” no Salón do Libro de Pontevedra en 2019.

Dende o 2018 investiga os límites e puntos de (des)encontro do contar e cantar coa vocalista Faia Díaz (De Vacas, Coro Encaixe) en Apatacón, “Por unha peseta” é unha sesión para adultos e está en continúa construción.
A longo deste tempo traballa tamén coa USC, o CFR Coruña e Semente Compostela deseñando e impartindo obradoiros para docentes onde fai convivir as dúas disciplinas que ocupan a súa vida e reflexionando sobre a narración e a práctica educativa. “Contar para medrar”, “Sentindo os contos?” ou “Cantar, contar e bailar” son algunhas das propostas formativas para profesorado e familias.


Vero Rilo


A cultura viaxa ás parroquias. Xuño


Cabecera-web-ecultura.png