| 1º xornada: venres 13 de setembro, ás 17:30 h. 2024
| 2º xornada: sábado 14 de setembro, ás 16:00 h. 2024
| Aparcadoiro da rúa Progreso» ver mapa
| Acceso con entrada
Xunta de Galicia, Turismo Galicia, Deputación de Pontevedra, Xuventude, CarnéXove e Concello do Porriño
O Concello do Porriño, xunto coa Xunta de Galicia e a Deputación de Pontevedra, promoven o Negrita Music Festival que terá lugar na vila do Louro os días 13 e 14 de setembro.
JC Reyes e Maka, dúas das figuras máis aclamadas do noso país, serán os cabezas de cartel deste evento que conta cos artistas máis relevantes de música urbana a nivel nacional, como Hard GZ, Recycled J ou Maikel Delacalle, entre outros.
A xira española do Negrita, elixiu O Porriño por segundo ano consecutivo para a súa edición en Galicia. Tras visitar cidades como Alicante, Salamanca, Barcelona ou Simancas, e próximamente San Javier, Santander e Pamplona. O Porriño será o lugar de peche da xira 2024 e a organización espera superar os 14.000 asistentes do ano pasado.
JC Reyes é un dos cantantes con maior proxección e estilo propio, que fusiona reguetón, trap e drill con influencias de flamenco. O sevillano conta con máis de 9,2 millóns de ointes mensuais en Spotify e unhas 645 millóns de visualizacións na súa canle de YouTube.
Con 9,8 millóns de visualizacións no seu perfil de YouTube e máis de 1,6 millóns de ointes mensuais en Spotify, o cantante e compositor granadino Maka conta cunha traxectoria de 11 anos que segue atraendo pola súa personalidade humilde e a súa autenticidade. O Porriño súmase agora á lista de escenarios que o viron triunfar, como o Wizink Center de Madrid ou o Palau Sant Jordi de Barcelona, entre outros.
O cartaz do Negrita Music Festival o completan Hard GZ, Recycled J, Maikel Delacalle, Paul Thin, Lia Kaki, Pignoise, Soge Culebra, Lucho RK, Julieta, J Abecia, Denna, Alvama Ice, Parkineos, Amygdala, Anthony Godfather, Groove Amigos e Traffic House, ademais doutros DJs locais.
As entradas xa están á venda na web do Negrita Music Festival e, en función da disponibilidade, poderanse mercar tamén na taquilla os propios días do evento.