Noite aberta 2026

| Venres 6 de novembro. 2026
| De 21:00 a 00:00 h
| Comercio local

Noite aberta 2026

O venres 6 de novembro, o comercio do Porriño será protagonista dunha nova edición da Noite Aberta, unha iniciativa que busca dinamizar a actividade comercial da vila e fomentar as compras nos establecementos locais.

Durante esta xornada especial, un total de 23 comercios participantes abrirán as súas portas en horario nocturno, de 21:00 a 00:00 horas, ofrecendo á veciñanza unha oportunidade diferente para realizar as súas compras e gozar do ambiente das rúas do Porriño.

Os comercios participantes son: Addiction, Alma, Atleet, Brooklyn Moda, Colet, El Ultramarino, Farmasaude, Ishop, Maritta, Meigallo, Minerva, Modas Outlet Porriño, Muchas, Orevshop, Os trapiños de Lola, Outlet D&E, Soulmate, Suengas, Telas y Más, Textil Adrián, Topitos, Volvoreta e Zarifa.

Como incentivo especial, as persoas que realicen unha compra nalgún dos establecementos adheridos recibirán un vale para degustar un pincho de balde dentro da ruta gastronómica D·Gusta Porriño, que tamén se celebra durante o mes de novembro.

Os vales poderán trocarse nos seguintes oito locais colaboradores: Estación 57, La Bendecida, La Bici, El Alambre del Abuelo, Paso a Nivel, Pinzas, Sekretos e Treinta y Tau.

A iniciativa combina así o apoio ao comercio de proximidade coa promoción da hostalaría local, creando sinerxías entre dous sectores fundamentais para a actividade económica e social da vila.

A Noite Aberta convida a veciños, veciñas e visitantes a saír á rúa, descubrir a oferta comercial do Porriño e desfrutar dunha noite de compras e gastronomía nun ambiente especial.



Noite aberta 2026
Click para ampliar

Noite aberta 2026