ACTUALIZACIÓN: evento cancelado por previsión meteorolóxica adversa
| Sábado 2 de outubro. 2021
| Ás 21:00 h.
| Auditorio exterior do Centro Cultural Municipal » ver mapa
| Aforo limitado
Un Espectáculo da Compañía Sue Moreno. Incluído na programación das Festas do Cristo 2021.
Espectáculo no que se mesturan técnicas aéreas de circo con cancións e teatro físico, cunha estrutura de 6 metros de altura e tomando o humor como partitura. A historia preséntanos a unha muller no seu día a día, tentando conciliar o seu traballo, vida e maternidade e amosando as mil caras desta etapa desde unha ollada divertida, tenra e, por momentos, absurda.