O Apalpador e os Monifates

ACTUALIZACIÓN: nova localización

| Sábado 24 de decembro. 2022
| Ás 12:00 h
| Praza Arquitecto Antonio Palacios Centro Cultural Municipal

O Apalpador e os Monifates

Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia


Os Monifates son un dúo cunha ampla experiencia musical, formado por un músico e un artesán que se encarga da confección dos instrumentos utilizados nas actuacións. Nacen coa filosofía de transmitir un son diverso e dinámico. Aínda que só se vexa un dúo, créase amplitude grazas á variada instrumentación que empregan: o eixo central está formado pola gaita tradicional, o bombo e a zanfona, intercalando entre as melodías outros trebellos coma o pínfano, os punteiros, ou a gaita tumbal do século XIX, ademais de diversa instrumentación de percusión como culleres, castañolas de peito, táboa de lavar…

As súas actuacións contan coa colaboración dos máis diversos bailaríns (títeres). En definitiva, Os Monifates ofrecen animación versátil en formato acústico. Non precisan equipo de son nin palco, e o seu espectáculo está encamiñado a animar pequenas prazas, feiras, ou calquera tipo de evento onde preste escoitar un pouco de música tradicional nun formato do máis orixinal.


O Apalpador e os Monifates



O Apalpador e os Monifates


Patrocinio Rede Dinamizacion Linguistica
Cabecera-web-ecultura.png