O Pinchorriño. XIII Xornadas de degustación de pinchos no Porriño

| Venres e sábados de novembro. 2018
| De 19:00 a 23:0 h.
| Establecementos hostaleiros da vila

Pinchorriño 2018

O Pinchorriño é, desde hai xa uns anos, un das xornadas de degustación de petiscos máis importantes de Galicia, debido a que a diferenza doutros modelos, as tapas en Porriño son gratis con cada consumición. Os hostaleiros estableceron en 1,5€ a cantidade mínima para ter dereito á tapa. Como funciona? Para poder degustar a tapa débese consumir esa cantidade mínima. Isto fai que, por exemplo, se pedimos unha auga e ten un prezo menor, deberemos abonar igualmente 1,5€. O que non sobe é o prezo de consumicións superiores a esa cantidade.

Participarán nesta edición Amaquia, A Francachela, Adega de Montero Vinoteca, Argentino 2, Bar Celtiña, Bumba, Café Bar Adèle, Cafetería Alameda, Cafetería El Pincho, Cafetería El Sol, Cafetería O Porriño, Cafetería Pastelería Seijo, Cafetería Platinum, Cafetería Xuntos, Cólleo con Pinzas, Deja Vu, Don Kebab, El Alambre del Abuelo, El cincuentaicinco, El Patio, El Ultramarino, Hamburguesería Fran, La Bici, La Cueva, La de Chato, La Pantera Rosa, Los Milagro Panadería, Maloserá, Mesón Mondariz, Millenium 33, O Xantar de Pepa, Paso a Nivel, Saspi, Scala, Telepizza, Zentral e Liceum.

Como novidade este ano súmanse á ruta o Bumba, Cafetería El Pincho, Cafetería Pastelería Seijo, O Xantar de Pepa e Telepizza.

Algúns locais como Pantera Rosa ofrecerán versións para vegetarianos e Adèle contará cun petisco sen glute.

Así, todos os venres e sábado do mes de novembro, poderanse degustar nos establecementos hostaleiros da vila unha gran diversidade de tapas, moi suxestivas. Como de costume tamén se realizará un sorteo de dúas fins de semana nunha casa de turismo rural entre aqueles que completen os catro selos da papeleta oficial.

Organiza: ACIPOR. Colabora: Ahospor. Patrocina: Concello do Porriño



[Click en la imagen para ampliar]

Pinchorriño 2018


Pinchorriño 2018


Cabecera-web-ecultura.png