O Pintamuros 2.0

| Días 1, 5, 7, 8, 9, 14, 15, 21 e 22 de outubro. 2021
| Horario lectivo
| Actividade concertada
| Centros de ensino do Concello do Porriño

O Pintamuros 2.0

Proxecto de murais colaborativos nos centros de ensino
Organiza: OMIX do Porriño e Concellería de Educación


A OMIX xunto coa Concellería de Educación do Concello do Porriño levarán a cabo, ao longo do mes de outubro, a actividade O Pintamuros 2.0. Levaránse a cabo elaboracións de murais artísticos colaborativos de 15 m² aproximadamente , con temáticas relacionadas coa reciclaxe, baixo unha metodoloxía que promove a participación activa da mocidade en iniciativas de ocio educativo inclusivo. Este proxecto desenvolverase nos centros de ensino do Concello do Porriño durante o mes de outubro do 2021, dentro do horario lectivo.

A Concellería de Educación e a OMIX do Porriño entenden que a educación en materia de comportamento cívico e desenvolvemento integral da mocidade require a participación activa dentro dos sistemas educativos en tódolos seus niveis, tanto na educación formal como na non formal ou mesmo na informal.

A educación é a chave para conseguir obxectivos a medio e longo prazo relacionados coa sensibilización en materia de comportamento cívico, pero é preciso desenvolver programas educativos que atendan aos intereses e inquietudes da mocidade actual, para conseguir a maior implicación e participación deste colectivo nas iniciativas propostas, posto que os coñecementos e aptitudes adquiridos durante esta etapa veranse reflectidos nun futuro na nosa comunidade.

Consideramos que actualmente a xuventude dispón da capacidade crítica e desexos de participar no tecido social para lograr o cambio a través da acción individual e colectiva, sendo este enfoque de cambio unha motivación que enganche aos mozos e mozas para continuar tomando parte en novas iniciativas similares.


Obxectivos

  • Xerar novos espazos para a creación artística que fomenten actitudes creativas e permitan a expresión creativa individual e colectiva.
  • Coidar a nosa contorna e humanizala mediante o activismo e a intervención colectiva en proxectos educativos de acción cultural e social.
  • Promocionar hábitos saudables e previr condutas de risco ou violentas entre a poboación xuvenil, así como sensibilizar e loitar contra calquera forma de discriminación, fortalecendo a cohesión social e tomando concienciación a través da participación activa.
  • Apoiar a diversidade no ámbito do ocio e promover as prácticas da Cultura Urbana como hábitos de vida saudables que melloren a calidade de vida da xuventude a nivel corporal, mental e social.
  • Alimentar a capacidade artístico-expresiva innata da mocidade a través da súa participación nos obradoiros programados.
  • Desenvolver contidos educativos, culturais e sociais variados e interesantes para a mocidade expresados mediante a pintura mural.
  • Mellorar a imaxe dos muros dos centros de ensino restaurando e decorando as paredes afectadas por pintadas ou en mal estado de conservación.

O Pintamuros 2.0. Concello do Porriño

O Pintamuros 2.0. Concello do Porriño

O Pintamuros 2.0. Concello do Porriño

O Pintamuros 2.0. Concello do Porriño

O Pintamuros 2.0. Concello do Porriño

O Pintamuros 2.0. Concello do Porriño

O Pintamuros 2.0. Concello do Porriño

O Pintamuros 2.0. Concello do Porriño

O Pintamuros 2.0. Concello do Porriño

O Pintamuros 2.0. Concello do Porriño

O Pintamuros 2.0. Concello do Porriño


Cabecera-web-ecultura.png