O Porriño 10K

| Domingo 23 de marzo. 2025
| A partir das 10:00 h
| Rúas da vila
| Inscricións abertas ata o 17 de marzo

O Porriño 10K

O Concello do Porriño e o Club Atletismo Porriño, organizan a XVI edición da proba O Porriño 10 Km – OP10K que se celebrará o domingo 23 de marzo de 2025.

A proba OP10K con 10.000 metros, realizarase xuntamente coa proba OP5K con 5.000 metros, por un circuíto de 5 Km no centro urbano do Concello do Porriño.

Todas as notificacións realizaranse a través da web de Championchip e da web do Club Atletismo Porriño, sendo responsabilidade do corredor revisar o seu contido para estar ao tanto da proba.


Participantes

Poderán tomar parte na proba todas aquelas persoas que o desexen, estean federados ou non, sempre que teñan cumpridos 18 anos o día da proba e estean correctamente rexistradas e cumpran co regulamento, sen distinción de sexo, lugar de orixe ou condición social.

Cada corredor/a participa nesta carreira baixo a súa responsabilidade e coa preparación física suficiente para afrontar en boas condicións a proba.

A organización poderá obrigar a calquera participante que non teña as condicións físicas adecuadas, así como aquel participante que non cumpra cos tempos de paso establecidos polos puntos de control a retirarse da proba.

O participante ao realizar a inscrición exime á organización, dos danos físicos ou morais que poidan sufrir no transcurso ou como consecuencia da mesma.

Como participante desta proba, cada un deles dá permiso aos organizadores para o uso publicitario da súa persoa, en imaxes obtidas nesta proba deportiva, con fins lexítimos, autorizando aos organizadores á gravación da proba e a utilizar a súa imaxe en todos os seus medios xa sexan vídeos, fotos, carteis, prensa, etc. e cede a súa explotación aos dereitos relativos ás modalidades da OP10K.

Todos os participantes, polo feito de realizar a inscrición e tomar a saída, aceptan e recoñecen o presente regulamento da proba.


Inscricións

A inscrición realizarase a través da web de Champion Chip Norte (https://ccnorte.com), ou a través dos medios autorizados pola organización, sendo estes os únicos medios oficiais da proba, tendo que encher todos os datos que se soliciten, así como realizar o pago da inscrición para que a inscrición considérese efectuada. A inscrición será validada pola empresa encargada da validación do rexistro que se enviará por correo electrónico.

A inscrición é persoal e supón a aceptación de todos os artigos do presente regulamento, así como das condicións de compra tendo que realizar a inscrición polos medios oficiais do evento.

As persoas en risco de exclusión social e parados de longa duración, ambos debidamente xustificados, deberán enviar un email a atletismo@atletismopor.com para a súa inscrición na carreira, facilitando toda a información que a organización lle requira.

A carreira de pitufos e chupetes non require de proceso de inscrición e poderán participar na mesma presentándose na liña de saída á hora estipulada. Estas dúas carreiras non serán cronometradas.

Os prazos de inscrición serán aqueles fixados pola organización. Non se realizará ningunha inscrición fora de prazo, nin no día da carreira.

A inscrición realizarase a través das canles de inscrición oficiais. O prezo de inscrición será segundo tramos. A cota de inscrición será a mesma para a carreira de 5 km. e 10 km.:

  • 10,00 € ata o 23 de febrero de 2025.
  • 12,00 € a partir do 24 de febreiro ata o 09 de marzo de 2025.
  • 15,00 € a partir do 10 de marzo ata o 17 de marzo de 2025 ou esgotar a cota autorizada.

A estes prezos engadirase 1€ polo alugueiro do chip, en caso de non ser propietario de chip amarelo.

O peche de inscricións poderase modificar segundo criterios da organización, non se admitirán reclamacións por inscricións realizadas pola organización fóra dos prazos establecidos.

Estes prezos non inclúen a Licenza de Día (1,00€) da Federación Galega de Atletismo (FGA), que cobre o seguro de accidente única e exclusivamente para o día da proba para aqueles corredores que non dispoñan de licenza federativa vixente o día da Carreira da Federación de Atletismo, ou licenzas de federacións con acordo coa FGA, previa presentación de autorización da devandita federación para participar.

As inscricións poderanse pechar cando se alcance a cota máxima de corredores rexistrados (1.500 rexistrados), garantíndose así un crecemento sostible do censo, a seguridade e experiencia de calidade dos corredores.


Botón formulario inscrición



O Porriño 10K


cropped-CABECERA-WEB-ECULTURA.png