| Martes 19 de maio. 2026
| Pavillón Municipal dos Deportes » ver mapa

Foro de emprego e desenvolvemento profesional
O Concello de Porriño organiza un foro de emprego para conectar ás empresas que buscan ampliar persoal con persoas que se atopan á busca activa de novas oportunidades laborais. Será o próximo 19 de maio, baixo o nome de “O Porriño Conecta Talento”, e participarán máis de medio centenar de empresas galegas.
O Porriño Conecta Talento rompe co formato tradicional de feira laboral e propón unha xornada áxil, directa e orientada a resultados: poñer cara a cara a empresas que necesitan persoal e a candidatos que buscan unha oportunidade inmediata.
O eixo máis novo será o denominado Talent Pitch, un formato exprés no que os participantes dispoñerán de dous minutos para defender o seu perfil profesional ante un xurado. A entidade encargada de valorar estas intervencións será ABANCA, que acudirá cunha oferta de emprego firme. Os tres candidatos mellor puntuados accederán directamente a unha entrevista coa entidade, mentres que outros perfís que resulten de interese poderán continuar dentro dos seus procesos de selección. A iniciativa non só busca seleccionar talento, senón tamén ofrecer aos participantes un retorno real sobre o seu desempeño. As persoas candidatas xa poden enviar os seus currículos a conecta.talento@oporrino.org.
Máis aló deste formato, o evento reforza a súa vocación práctica cun Talent Hub que reunirá a máis de medio centenar de empresas, moitas delas con procesos de contratación abertos. Os asistentes poderán concertar entrevistas privados durante a xornada, facilitando un contacto directo que pode acelerar procesos que habitualmente se dilatan durante semanas. Para axilizar a xestión, as ofertas estarán identificadas mediante códigos QR, o que permitirá enviar o currículo de forma inmediata. A programación complétase cun espazo específico de networking, talleres prácticos centrados na procura de emprego e un foro de experiencias con profesionais de prestixio que compartirán claves do mercado laboral. O Concello non desvelou aínda os nomes, pero si avanzou que serán perfís moi recoñecidos.
O evento incorpora ademais un enfoque educativo, con participación da Universidade de Vigo e centros de FP, para achegar aos estudantes á realidade do mercado laboral e orientar o seu futuro profesional.
Programa
- Relatorio sobre a oferta formativa da Universidade de Vigo
- Sesión de coaching sobre entrevistas de traballo
- Talent Briefing:
O Talent Briefing é un espazo dinámico no que as empresas participantes presentan de maneira breve e directa as súas necesidades reais de talento.
Durante a sesión, cada empresa expón os perfís profesionais que está a buscar, as competencias máis valoradas e as oportunidades de emprego dispoñibles. Este formato permite unha comunicación clara e directa entre empresas e asistentes, favorecendo a resolución de dúbidas e unha mellor comprensión das demandas do mercado laboral. Ademais, facilita que as persoas participantes identifiquen aquelas empresas coas que teñen maior afinidade e orienten a súa participación no evento. - Networking:
Espazo destinado á xeración de contactos, intercambio de información e identificación de oportunidades profesionais.
Obradoiro práctico sobre motivación e habilidades para a busca de emprego. - Talent Pitch:
O Talent Pitch é unha dinámica na que as persoas participantes presentan o seu perfil profesional nun formato breve e estruturado, normalmente de poucos minutos. Durante a intervención, cada persoa expón a súa traxectoria, as súas competencias clave, os seus intereses profesionais e o seu valor diferencial. Este formato permite poñer en valor habilidades como a comunicación, a capacidade de síntese e a iniciativa, ao tempo que facilita un primeiro contacto directo coas empresas participantes. Ademais, contribúe a dar visibilidade ao talento e pode servir como punto de partida para futuros procesos de selección. - Conferencia inspiradora

