| Mércores 16 de abril. 2025
| A partir das 21:45 h (apertura de portas ás 21:00 h)
| Aparcadoiro da rúa Progreso» ver mapa
| Acceso con entrada
O Porriño acollerá no mes de abril un innovador evento musical que se presenta como “a maior festa de Semana Santa” e que permitirá gozar de tres das mellores orquestras do panorama da verbena. Así nace O Porriño Paixón Festival, unha cita musical que terá lugar o mércores 16 de abril, en véspera de festivo de Xoves Santo, no aparcamento municipal da rúa Progreso.
“A maior festa de Semana Santa” que propón esta edición do Porriño Paixón Festival contará coas actuacións de orquestras tan potentes como Panorama, El Combo Dominicano e América de Vigo. Ademais, o espectáculo permitirá gozar dos novos espectáculos destas agrupacións, polo que o anuncio deste festival confirma ao concello louriñés como un dos primeiros lugares da xeografía galega que poderá ver en directo a aposta de nova tempada de Panorama, El Combo Dominicano e América de Vigo.
O Porriño Paixón Festival nace co obxectivo de que estas tres grandes orquestras do panorama verbenero leven a diversión e o baile dos asistentes cara a un escenario sen límites. As entradas para asistir a “a maior festa de Semana Santa” pódense adquirir desde a plataforma de Woutick (fai clic aquí). O custo de lanzamento é de cinco euros máis gastos de xestión. A organización lembra que o aforo é limitado.
A apertura de portas do evento está programado para as 21:00 horas, pero prevese que as actuacións das orquestras empecen sobre as 21:45 horas. Os asistentes poderán cantar, bailar e vibrar con estas tres agrupacións que destacan polo seu amplo repertorio e por un show espectacular.
A pesar de que as previsión do tempo para a noite do mércores son boas, contarase cunha mega carpa de máis de 1.000 m², para unha maior comodidade
Horarios
20:00 h: Apertura de taquilla
21:00 h: Apertura de portas
21:45 h: Orquestra America de Vigo
00:15 h: Orquestra Panorama
02:30 h: Orquestra El Combo Dominicano