O Porriño Peque Fest

ACTUALIZACIÓN: nova incorporación ao programa

| Sábado 7 de xaneiro. 2023
| De 12:00 a 20:00 h
| Pavillón Municipal dos Deportes (pista 2) » ver mapa
| Entrada libre e de balde ata completar prazas

O Porriño Peque Fest

Inchables, animación e moitas sorpresas


A ilusión das nenas e nenos son o motor do Nadal e por iso, o Concello do Porriño preparou unha gran festa infantil para poñer o broche e final ás celebracións: O Porriño Peque Fest.

Así, o día 7 de xaneiro o pavillón municipal (pista 2) abrirá as súas portas para que os pequenos e pequenas disfruten de inchables, obradoiros, photocall con mascotas, animación e xogos. O acceso será gratuíto en horario continuado de 12:00 a 20:00 h.

“Nestas datas tan especiais queremos ofrecer alternativas de ocio aos nenos e nenas para que disfruten das súas vacacións escolares”, afirma a concelleira de Educación, Carolina González, “Gran parte da nosa programación de Nadal vai dirixida a eles/as, como non podía ser doutra forma, xa que son os pequenos/as os que poñen a maxia a estas datas”.

Pola súa banda, o alcalde, Alejandro Lorenzo, convida “a todos os nenos/as do Porriño a visitar O Porriño Peque Fest e disfrutar dunha xornada que nace por e para eles, para que poidan compartir e disfrutar xuntos do Nadal do noso pobo antes de volver ao cole”.


O Porriño Peque Fest


Cabecera-web-ecultura.png