O Porriño Street Food

| Venres 3 de maio, de 21:00 a 00:30 h.
Sábado 4, de 11:00 a 00:30 h.
Domingo 5, de 11:00 a 23:00 h.
Rúa Ramón González (rúa peonil) » ver mapa
| Organiza: OMIX do Porriño

O Porriño Street Food


“O Porriño Street Food” trae á nosa cidade un festival que concentrará nun mesmo espazo unha seleccionada oferta gastronómica, música en directo e un mercado con expositores do Porriño e bisbarra. Deste xeito Porriño incorporase a unha tendencia cada vez máis extendida que demanda estas novas fórmulas que reúnen comercio non convencional, ocio e gastronomía en espazos abertos.

“O Porriño Street Food” desenrolaráse na praza Arquitecto Antonio Palacios a partir das 21:00 h. do vindeiro venres 3 de maio. Seis camions con cociñas sobre rodas, ou “food trucks” segundo a denonimación inglesa, instalaránse na praza. Os participantes serán os pontevedreses “Mean Dogs e “Crepes & Roll”; “Faiscas”, “Matafame” e “Gale-Truck” (todos eles de Ourense) e “Rock & Dog” (de León).

A organización, a cargo da OMIX de Porriño e a empresa de eventos “Galicia Street Food” instalará carpas, mesas e cadeiras para o público asistente. Os “food trucks” ofrecerán propostas gastronómicas suculentas e orixinais que comprenderán: hamburguesas premium, bocadillos gourmet, tapas orixinales, cociña vegana, crepes e gofres artesás e cervexas de autor.

A oferta gastronómica manteráse ata o domingo 5 e estará complementada por un mercado con 10 comerciantes da cidade e por actuacions musicais diarias que contribuirán á animación.


O Porriño Street Food


Patrocinio OMIXCabecera-web-ecultura.png