| Sábado 29 de outubro. 2021
| De 12:00 a 23:55 h
| Rúas da vila
| Actividade concertada
Organiza: OMIX do Porriño e Concellería de Educación
Desde a OMIX e a Concellería de Educación do Concello do Porriño, co gallo do Samaín 2022, convidamos os nenos e as nenas de Educación Primaria dos colexios do Porriño, Aceesca e Asociación Afaga, a participar na decoración de cabazas, tal e como se vén facendo nestes últimos anos co motivo do Samaín.
Este ano a temática é libre e o material decorativo tamén. Non haberá restricións técnicas nin materiais. Os traballos presentados polo alumnado serán un total de 469 cabazas e na decoración das mesmas participaran un total de 945 alumnas e alumnos.
As cabazas serán recollidas o venres 28 de outubro a partir das 9:00 h en cada centro participante. O sábado 29 de outubro, estarán expostas nas rúas da vila desde ás 12:00 ata ás 23:55 h. A partir desa hora as familias que así o desexen poderán pasar a recuperar as súas cabazas. Por tratarse de pezas perecedoiras, o Concello non se fai responsable da súa integridade. O persoal de limpeza do Concello recollerá os demais traballos a partir do domingo 30 de outubro, e procederá á súa reciclaxe.