| Martes 24 de decembro. 2024
| Ás 17:00 h
| Praza Arquitecto Antonio Palacios » ver mapa
| En caso de choiva na carpa da praza do Cristo
Consellería de Cultura, Lingua e Xunventude da Xunta de Galicia
Rede de Dinamización Lingüística
A Pillaband (Ramón Feáns, Inés Salvado, Paula Gago, Daniel Díaz e Jaime Manuel López) subirá ao escenario para achegarlles a nenos e adultos este relato musicado que foi Premio Martín Códax da Música e que fala de descubrimento persoal, de amizade, de perseveranza, da inclusión e da aceptación dun mesmo. Todo a ritmo de jazz, soul, rocksteady ou mesmo a clásica balada de reminiscencias Disney.