Obradoiro cans de terapia “4 patas de apoio”

| Xoves 14, 21 e 28 de outubro, e 4 de novembro. 2021
| Horario lectivo
| Actividade concertada

Obradoiro cans de terapia "4 patas de apoio"

Proxecto de murais colaborativos nos centros de ensino
Organiza: OMIX do Porriño e Concellería de Educación


A OMIX xunto coa Concellería de Educación do Concello do Porriño, levarán a cabo os días 14, 21, 28 de outubro e 4 de novembro de 2021, unha actividade de educación asistida con cans de terapia para alumnado NEAE, persoas usuarias do Centro de Día e do Centro Educativo ACEESCA.

Ditos obradoiros serán impartidos pola empresa Yaracan, a cal é unha organización dedicada ás intervencións asistidas con animais, que traslada os beneficios que achegan os cans aos seres humanos co obxectivo de motivar e estimular a evolución das persoas.


Obxectivos do taller

  • Incorporación dun animal na contorna educativa de ACEESCA no municipio do Porriño, co obxectivo de achegar estímulo e motivación suficiente como para que os alumnos evolucionen de forma favorable e por vontade propia.
  • Traballar mediante a motivación que produce a alianza co can, as áreas que axuden ao desenvolvemento dos máis pequenos fomentando a comunicación, o respecto, a autoestima e a valía persoal.
  • Proporcionar unha experiencia de vida por un día coa incorporación dos cans de terapia do equipo Yaracan na contorna educativa, para achegar estímulo e motivación aos alumnos.
  • Traballar condutas disruptivas mediante a motivación externa e o estímulo que produce a alianza cos cans, incidindo nas áreas das funcións executivas máis afectadas, sendo unha gran axuda para os máis pequenos.
  • Fomentar a intencionalidade comunicativa e a expresión de sentimentos.

Obradoiro cans de terapia "4 patas de apoio"


Cabecera-web-ecultura.png