Obradoiro de autocoñecemento e desenvolvemento persoal para mulleres

| Obradoiro: 1ª Quenda: 25, 27, e 29 de maio / 2ª Quenda: 1, 3 e 5 de xuño. 2026
| De 9:00 a 13:00 h
| Inscricións: dende o luns 11 de maio ás 9 h, ata o venres 15 de maio ás 9 h

| Require inscrición previa

Obradoiro de autocoñecemento e desenvolvemento persoal para mulleres

Ministerio de Igualdade, Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero, Concellería de Igualdade


O Concello do Porriño, a través da súa concellería de Igualdade, ven a organizar un taller dirixido ás mulleres que desexen profundizar no seu autocoñecemento e desenvolvemento persoal.

A través do movemento, a respiración e expresión de emocións farase un traballo corporal e emocional para acadar unha mellora na autoestima, seguridade e confianza. Trátase dunha experiencia práctica, vivencial que integra dinámicas grupais e individuais para conectar co corpo, mente e emocións mediante a aplicación de ferramentas de coaching ontolóxico, mindfulness e prácticas de respiración para un enfoque completo de desenvolvemento persoal e benestar.

As prazas son limitadas a 12 mulleres maiores de idade por quenda. Haberá dúas quendas:

  • A primeira quenda: os días 25, 27 e 29 de maio, de 9:00 a 13:00 h
  • A segunda quenda: os días 1, 3 e 5 de xuño, de 9:00 a 13:00 h

As persoas interesadas poderán inscribirse por rexistro do Concello do Porriño ou enviando un correo eledtrónico a: igualdade@oporrino.org.

Para calquera información pódese contactar co Centro de Información á Muller do Concello do Porriño no teléfono 986 335 000 (extensión 0) ou enviando un correo a cim@oporrino.org.


Actividade financiada pola Secretaría de Estado de Igualdade e contra a violencia de xénero.



Obradoiro de autocoñecemento e desenvolvemento persoal para mulleres