ACTUALIZACIÓN: nova incorporación ao programa
| Martes 18 e 25 de marzo, de 10:00 a 12:30 h. 2025
| Martes 1 de abril, de 10:00 a 13:00 h. 2025
| Multiusos de Torneiros » ver mapa
| Inscricións por rexistro mediante instancia xeral, do día 28 de febreiro ás 9:00 h, ao 14 de marzo ás 9:00 h

Ministerio de Igualdade, Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero, Concellería de Igualdade
A Concellería de Igualdade do Porriño, que dirixe Carolina González, anuncia a celebración do Obradoiro de crecemento persoal para mulleres, dirixido ás mulleres en xeral. Unha iniciativa que busca dotar ás mulleres das ferramentas necesarias para mellorar a xestión das súas emocións, fortalecer as súas habilidades de comunicación, marcar obxectivos alcanzables e incorporar prácticas de autocoidado que contribúan a mellorar o seu benestar persoal. O obxectivo é que cada participante se sinta protagonista da súa propia historia de vida.
A formación impartirase os martes 18 e 25 de marzo e martes 1 de abril no Multiusos de Torneiros en horario de mañá; de 10:00 a 12:30 os dous primeiros días e prolongándose ata as 13:00 horas o último.
O aforo é limitado polo que todas as persoas interesadas en asistir deben inscribirse previamente, a partir do día 28 de febreiro e ata o 14 de marzo, mediante instancia xeral presentada por rexistro no Concello.
Para obter unha maior información desta actividade, que conta co financiamento da Secretaría de Estado da Igualdade contra a violencia de xénero, poden chamar ao CIM do Concello do Porriño (986 335 000. Ext.257).
Actividade financiada pola Secretaría de Estado de Igualdade e contra a violencia de xénero.


