Obradoiro de drons

| Do 1 ao e 11 de xuño. 2021
| Horario lectivo
| Centros de educación primaria e secundaria do Concello do Porriño
| Actividade concertada
| Concellería de Educación | OMIX do Porriño

Obradoiro de drons

A OMIX xunto coa Concellería de Educación do Concello do Porriño, levarán a cabo do 1 ao 11 de xuño, un obradoiro de drons, polos centros de educación primaria e secundaria do Porriño para un total de 256 alumnos/as.

Os drons ou vehículos aéreos non tripulados (UAVS/RPAS) pasaron en poucos anos de ser un xoguete teledirixido a ter moitas aplicacións profesionais en todo tipo de sectores. Coa creación do Polo Aeroespacial de Galicia e a aparición de estudos coma “piloto de drons”, “aeromecánica” ou “enxeñería aeroespacial” o sector da aeronáutica promete despegar na nosa comunidade.

O pronto contacto con ferramentas coma os drones permite a nenos/as e mozos/as familiarizarse coa robótica, a programación, a electrónica o deseño 3D e incluso a intelixencia artificial. Ademáis, apórtalles información sobre novas profesións que poden levar a cabo no seu futuro grazas aos drons.


Índice de contidos

Teoría:

  • Que é un dron?
  • Tipos de drons
  • Onde voar e onde non
  • Normativa actual para facer entender as normas de seguridade e o sentido da responsabilidade
  • Sistemas de seguridade que ten o dron para axudar a evitar accidente

Práctica:

  • Uso e manexo dun dron
  • Funcionamento xeral
  • Compoñentes básicos, mando, baterías, cámara, motores
  • Demostración voando un dron en interior
  • Practicas reais con drons. Estes drons teñen o mesmo pilotaxe que un profesional
  • Demostración do relator cun dron profesional

Obradoiro de drons

Obradoiro de drons


Cabecera-web-ecultura.png