| Días 6, 11, 18 e 21 de marzo. 2024
| Actividade concertada cos centros de ensino do Porriño
A Concellería de Sanidade e a OMIX do Porriño organizan, para as datas 6, 11, 18 e 21 de marzo deste ano, unha serie de obradoiros coa temática “Hixiene oral”, polos centros educativos do Porriño.
“Mostrar aos máis pequenos a importancia de ter unha boca sa”. Con este obxectivo, facultativos/as do Centro de Saúde do Porriño levarán a cabo uns obradoiros sobre hixiene oral para alumnos/as de 1º e 2º de Educación Primaria do CEIPP Antonio Palacios, CEIP da Ribeira, CPR Santo Tomás, CPR Hnos Quiroga, CEIP Fernández López, CEIPP de Atios, CEIP da Cruz-Budiño e alumnado de Aceesca.
Un total de 378 nenos/as recibirán a formación impartida durante as catro xornadas. Os obradoiros terán unha primeira parte teórica na que se explicarán conceptos básicos sobre o cepillado e a alimentación e unha segunda parte práctica na que se reforzará o contido explicado previamente.
Cada un dos obradoiros, terá unha duración aproximada de 30-45 minutos.
É importante que os nenos/as aprendan desde pequenos hábitos saudables para os seus dentes, que o normalicen e o apliquen diariamente para evitar complicacións nun futuro, sinala dona Teresa Veloso, Concelleira de Sanidade do Concello do Porriño.